www.usc.es   
Benvido ás páxinas web xestionadas polo
Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais da USC
www.usc.es/posgrao/materiais
versión en castellano
english version

versión accesible

inicio web USC external link | inicio web posgrao/materiais | mapa web posgrao/materiais | contacto  

www.usc.es icono para enlaces externos » posgrao/materiais » ImaxesCabeceira

O máster


Taboleiros do máster


Accesos directos







Este sitio web serviu
11544 páxinas
dende o 1/oct/2010


Aleatorio [renovar]




grupos de investigación [+]

gfCP
gfCP
coloides e polímeros



grupos de investigación [+]

GBI
grupo de biofísica e interfases
biofísica e interfases




logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: nanotubo [+info]






Imaxes Aleatorias da Cabeceira

logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: autoondas [+info]


Autoondas.
Os fenómenos que seguen ecuacións non lineais a miúdo dan lugar a configuracións espaciais (e/ou temporais) que distan moito das que obtenríamos se aproximamos esas ecuacións por outras lineais, máis simples. Por iso é polo que a física non lineal e a complexidade asociada é unha disciplina de gran interese para comprender o comportamento de moitos sistemas reais. Proporcionado por: Grupo de Física Non Lineal.







logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: biosurfactante [+info]


Biosurfactante.
Imaxe obtida por microscopía electrónica de transmisión dunha solución acuosa do biosurfactante Cremophor EL, un líquido visgoso producido pola reacción do aceite de rícino con óxido de etileno. Trátase dun axente solubilizante e emulxente usado na industria alimentaria e como excipiente de moitos medicamentos modernos. Proporcionado por: Grupo de Propiedades Termofísicas y Superficiales de Líquidos.







logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: gota caendo dun capilar [+info]


Gota caendo dun capilar.
Foto dunha pinga caendo dun capilar nun tensiómetro de volume de gota. A medida da tensión superficial de solucións líquidas fornece información acerca da afinidade do soluto pola interfase líquido-aire. O comportamento dinámico de substancias con actividade superficial e a disposición espacial das súas moléculas na superficie poden ser caracterizadas por tensiometría de superficie, que é usada de cotío en numerosos campos como medicina, agroquímica, hidroxeoloxía, e industrias de cosméticos, pinturas e deterxentes. Proporcionado por: Grupo de Propiedades Termofísicas y Superficiales de Líquidos.







logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: levitación supercondutora [+info]


Levitación dun anel superconductor.
Cando a perovskita Y-123 é refrigerada por baixo duns 90K (neste caso con nitróxeno líquido, que evapora a uns 77K e provoca a bruma que apreciamos na fotografía), transita ao estado superconductor. Neste estado xorden varias propiedades singulares, por exemplo o efecto Meissner, ou expulsión do fluxo magnético. Se o anel é situado encima dun imán permanente (o bloque inferior), o anel busca expulsar o campo do seu interior afastándose do imán, elevándose (normalmente resulta máis rendible energéticamente vencer a forza da gravidade que dobrar as liñas de fluxo magnético). As especiais propiedades magnéticas dos superconductores posibilitan, por exemplo, os trens de levitación magnética, o acelerador de partículas LHC, ou as resonancias magnéticas e outras probas hospitalarias. Proporcionado por: Laboratorio de Baixas Temperaturas e Supercondutividade (LBTS).







logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: nanotubo [+info]


Nanotubo.
Simulación numérica da estrutura dun nanotubo. Os nanotubos son estruturas de átomos (habitualmente de Carbono) que forman longos cilindros cun radio interior da orde do nanómetro. As súas aplicacións tecnolóxicas son moi variadas, incluíndo por exemplo as electroquímicas (supercondensadores, almacenamento de hidróxeno, etc...) ou como adsorbentes (potabilización de auga, etc...) Proporcionado por: Grupo de Nanomateriais e Materia Blanda (GNMB).







logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: rotaxano [+info]


Rotaxano.
Complexo de inclusión baseado en ciclodextrinas que se comporta como un [3]rotaxano (imaxe obtida a partir dunha simulación de dinámica molecular). Os rotaxanos son pezas básicas no deseño de máquinas moleculares. As ciclodextrinas son oligosacáridos cíclicos moi axeitados para usos biolóxicos debido á súa baixa toxicidade. Proporcionado por: Grupo de Propiedades Termofísicas y Superficiales de Líquidos.







logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: nanopartículas superparamagnéticas [+info]


Nanopartículas superparamagnéticas.
A nanotecnoloxía ofrece unha gran axuda á biomedicina nos aspectos de terapia e de diagnóstico, dando lugar a unha nova disciplina, "a nanomedicina", que actualmente é unha das áreas de maior prioridade en diversos países. O seu uso terapéutico permite dirixir estes materiais a órganos, tecidos e células carcinóxenas, e polo tanto servir como terapia e como sensores de diagnóstico. Un exemplo é a obtención de imaxes de resonancia magnética nuclear (MRI), que é unha tecnoloxía que pode ser utilizada para estudar un determinado tecido. Para isto, nanopartículas de óxido de ferro supermagnéticas (SPION) están sendo amplamente utilizadas como axentes de contraste para obter imaxes moleculares. Ademais, nanomateriais como nanocapas, nanocilindros de ouro e nanotubos teñen potencial terapéutico, xa que poden absorber radiacións e convertelas en calor, provocando a destrución celular na escala de picosegundos. Proporcionado por: Grupo de Física de Coloides e Polímeros (gfCP).







acerca deste sitio web         versión para imprimir

Para manter esta web actualizada necesitamos a túa colaboración:
Se tes correccións ou suxestións, por favor contacta ao administrador da web ou edita esta páxina co teu contrasinal

Este sitio web usa direccións dinámicas. Para enlaces e marcadores, usar http://www.usc.es/posgrao/materiais