www.usc.es   
Benvido ás páxinas web xestionadas polo
Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais da USC
www.usc.es/posgrao/materiais
versión en castellano
english version

versión accesible

inicio web USC external link | inicio web posgrao/materiais | mapa web posgrao/materiais | contacto  

www.usc.es icono para enlaces externos » posgrao/materiais » Benvida e Introducción ao máster

O máster


Taboleiros do máster


Accesos directos







Esta páxina foi visitada
3028 veces


Aleatorio [renovar]




grupos de investigación [+]

LPT-USC
LPT-USC
propiedades termofísicas



grupos de investigación [+]

LBTS
LBTS
supercondutividade




logo lado esquerdo imaxe aleatoria logo lado dereito imaxe aleatoria da cabeceira: gota caendo dun capilar [+info]




Benvida e Introducción ao máster


• Benvidos á nosa web

Dámosvos a benvida ao espazo web do Máster Universitario de Ciencia e Tecnoloxía de Materiais da USC. A través destas páxinas, e dos seus enlaces, podedes atopar información sobre o máster en xeral, as súas materias, actividades, etc.

Podedes navegar pola nosa web usando os enlaces do lateral, ou ben empregando a sección de procuras nas nosas páxinas. Empregamos o símbolo icono para enlaces externos para marcar aqueles enlaces que conducen a páxinas fóra da nosa web.

Non dubidedes en contactarnos para calquera pregunta ou suxestión!


• Introdución ao máster

O programa do Máster de Ciencia e Teconoloxía de Materiais da USC pretende proporcionar una formación que capacite para a incorporación a empresas, a incorporación a grupos de investigación, e a corpos de docencia superior.


Cáles son os obxectivos do máster?

  • Proporcionar unha formación especializada e avanzada en Ciencia de Materiais, que capacite para a incorporación a grupos de investigación competitivos, impartir docencia superior, así como, incorporación a empresas.
  • O máster é unha porta á investigación académica, xa que introduce na investigación ao estudiantado, preparándoo para a eventual realización posterior dunha tese doutoral.
  • Formar profesionais capaces de resolver problemas de moi diversa índole no mundo da universidade, industria, empresa e da administración utilizando linguaxe e ferramentas desta especialidade.
  • Ofrécese ao estudiantado un coñecemento amplo dos materiais utilizados na tecnoloxía actual, preparación, propiedades e aplicacións máis importantes.


Cáles son as posibles saídas profesionais do máster?

Defínense cinco perfís profesionais

  • Produción de Materiais
    • Deseño, selección e optimización de materiais.
    • Procesos de produción e transformación de materiais.
    • Deseño e cálculo de materiais para dispositivos e compoñentes.
    • Reutilización, recuperación e reciclaxe de materiais.
  • Control de Materiais.
    • Caracterización, avaliación, e control de calidade de materiais.
    • Mantemento e durabilidad de materiais.
    • Seguridade e predición de vida útil de materiais.
  • Xestión e servizos relacionados cos materiais.
    • Análise e homologación.
  • Medio ambiente e uso sostible de materiais.
    • Patrimonio e conservación de edificios e obras de arte.
    • Sistemas de xestión ambiental.
    • Xestión de residuos.
  • Investigación e docencia en Materiais.
    • Estudos de prospectiva.
    • I +D +I en Ciencia e Enxeñería de materiais.
    • Docencia universitaria.
    • Docencia non universitaria.


Cál é a duración do máster?

O máster estructúrase nun só curso académico, no cal os alumnos cursan materias semestrais e fan un traballo de fin de máster.


Qué departamentos da USC están detrás do máster?

O máster está respaldado por diversos grupos de investigación (listado completo) pertencentes aos departamentos de Física da Materia Condensada external link, de Física Aplicada external link (web da facultade de física external link) e de Edafoloxía e Química Agrícola external link (no caso do Instituto de Cerámica de Galicia external link)

acerca deste sitio web         versión para imprimir

Para manter esta web actualizada necesitamos a túa colaboración:
Se tes correccións ou suxestións, por favor contacta ao administrador da web ou edita esta páxina co teu contrasinal

Este sitio web usa direccións dinámicas. Para enlaces e marcadores, usar http://www.usc.es/posgrao/materiais