Máster en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética [USC]

Matrícula    Curso 2010-2011    Preguntas + frecuentes    Entidades colaboradoras    

PRESENTACIÓN

No primeiro lugar, e dende a coordinación do Máster en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética, quixera agradecer a todos os profesionais que fixeron posible o nacemento desta iniciativa e na que tanta ilusión e esforzo puxeron.

O Máster en Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética propúxose dende os seus inicios cuns obxectivos tremendamente ambiciosos, asumindo por parte de todos os que o puxemos en marcha, que esta é a única vía de solución aos retos que a nova era enerxética na que estamos inmersos nos leva día a día.

Podemos enumerar os principais obxectivos propostos no MERESE do seguinte xeito:

Para acadar estes obxectivos os responsables do MERESE asumimos o compromiso da calidade e a innovación continua como únicos camiños posibles. Dentro deste proceso formativo integral e continuo, o apoio das diferentes entidades está sendo clave para o éxito do mesmo, ao mesmo tempo que sirve ás mesmas como viveiro inesgotable de persoal cualificado para converxer no espacio enerxético europeo con plenas garantías de éxito, e poder acadar no ano 2020 a porcentaxe de enerxías renovables dun 20% do consumo total de enerxía, levando ao mesmo tempo á integración do medio ambiente na política enerxética da Unión Europea.

Para acadar estes obxectivos propoñemos temas temas tales como:

Todos estes puntos se desenvolven ao longo dun temario que se divide en:

Para abarcar todos estes puntos, deseñouse un programa multidisciplinar e que intenta cubrir todos os campos nos que as enerxías renovables e a sostenbilidade enerxética teñen unha presencia destacable, e que os que desenvolvemos o MERESE agardamos que sexa do agrado de todos.

Graciñas e espero que vos animedes a compartir esta experiencia formativa connosco.

Luis Miguel Varela Cabo
[Coordinador do MERESE]






Logotipo da USC

Descarga o horario provisional

Descarga o programa xeral

Admisión e matrícula na etapa de tese