Orientación Académica

A coordinadora do Máster xunto a algún membro do equipo pedagóxico serán os encargados de recibir aos alumnos/as na Facultade de Filoloxía, ofrecendo unha sesión informativa inicial para todo o conxunto de matriculados, na que se exporán os elementos básicos de funcionamento dos programas, se solucionarán dúbidas e serán remitidos aos respectivos titores/as. Neste sentido, os titores/as individuais de cada alumno/a serán os encargados de realizar o seguimento dos mesmos e de asistilos en calquera problema que puideran ter ademais de aconsellaren a elección de módulos ou, no seu caso itinerarios.

O programa asignará ós estudantes os correspondentes titores e directores dos traballos de fin de máster, ben á solicitude dos propios alumnos, se fose posible, ou en función do perfil académico do alumno e das súas perspectivas de estudo, en correspondencia coas liñas de investigación do titor.

Faranse reunións de acollida onde se mostrarán ao alumnado as instalacións do centro en que se imparte o programa, así como os recursos que están á súa disposición.

 

Volver a POP TLLC

volver