Saídas Profesionais

A Universidade de Santiago estabelecerá os medios (entrevistas, enquisas), como xa está a facer, para coñecer a traxectoria dos estudantes egresados. Considéranse egresados os estudantes que remataron a súa relación académica, coa Universidade de Santiago de Compostela, pero que desexan continuar tendo unha relación afectivo-cultural-formativa, ben para mellorar a súa formación persoal ou profesional, ben para tratar de inserirse no mundo laboral. A USC está a traballar na coordinación dos egresados para estudar a inserción laboral dos mesmos e para poder ofrecerlles prestacións e servizos de calidade.

Saídas profesionais do Master Mundus:

Os estudantes:
- desenvolven grandes capacidades de conceptualización, síntese e análise.
- serán capaces de participar nunha rede a escala europea, a través dunha interactividade persoal, académica e profesional.
- aprenden a integrar os seus coñecementos particulares, e o coñecemento humanístico, en xeral, e os seus modelos de investigación nun marco institucional moderno e actualizado, en función das novas redes de comunicación e bases de datos, e en función dunha "xestión dos recursos do coñecemento"

Saídas profesionais xa ocupadas por estudantes egresados:

- Docencia universitaria e no ensino medio.
- Servicios civís nacionais e europeos (por exemplo, servizos de inmigración)
- Xornalismo especializado.
- Crítica profesional.
- Produción de radio e televisión.
- Consellos editorias.
- Xestión estratéxica.
- Investigación parlamentaria.
- Relacións públicas.
- Documentación encaminada a políticas sociais.
- Aspectos culturais sobre a Lei e o Comercio.

Hai estadísticas feitas polos propios membros do Mundus, e os estudantes, que certifican a inserción laboral nos dous anos seguintes á realización do Mundus, dun 80%.

Volver a POP TLLC

volver