versión en castellano
english version

accesibilidade
 
Inicio » Curso de Verán » Presentación
Seccións
  • Presentación
  • Obxectivos e contidos
  • Destinatarios/as
  • Programa
  • Relatores/as
  • Datas e lugar
  • Inscrición
  • Organización
  • Contacto
  • Presentación

    O grupo SEPA organiza o Curso de Verán “Espazos de vida cotiá, contexto e contido da Educación Social nos Servizos Sociais” ampliando o labor docente e investigador que ven desenvolvendo no ámbito Pedagoxía-Educación Social e Políticas Sociais.

    Entendemos os encontros de verán como un espazo privilexiado de de extensión universitaria –divulgando socialmente as reflexións académicas que nos ocupan neste ámbito– e de intercambio con quen está a desenvolver profesionalmente a acción socioeducativa en diversos contextos sociais ou formándose para o mesmo. E, polo tanto, unha valiosa ocasión de formación inicial e/ou permanente para todos e todas os que participamos neste tipo de iniciativas.

    O sentido do curso pretende enfatizar a dobre función que a educación ten para a cidadanía ao longo do todo o ciclo vital:

    • como dereito e requisito imprescindible nun proxecto de vida digna e de calidade, e
    • como medio que permite visibilizar, descubrir, e acadar outros dereitos.

    Isto sitúanos no marco dos Servizos Sociais concibidos como instrumentos de Política Social orientados á promoción da igualdade e da xustiza social; un contexto de acción no que a Educación Social ten un papel relevante no conxunto dos equipos multiprofesionais e ao que se ven incorporando, se ben desde tempos relativamente recentes, de maneira decidida e irrenunciable.

    Pero de forma destacada, o curso quere desvelar espazos de acción socioeducativa nos Servizos Sociais. Se o seu sentido é reforzar, potenciar e consolidar cidadanía nun proceso emerxente de toma de decisións desde a realidade social, aí deben situarse os seus e as súas profesionais: na realidade social, nos espazos cotiás de vida das persoas, dos grupos, das comunidades.

     

    Descarga o cartaz (PDF)

    Concedido un crédito de libre configuración para a USC

     

    Facultade de Ciencias da Educación
    Campus universitario sur
    15782 Santiago de Compostela
      Teléfono +34 981 56 31 00
    Extensión 13753
    Fax +34 981 53 04 38