Acerca do webFinalidade
O sitio web do grupo de investigación
Pedagoxía Social e Educación Ambiental apareceu no inicio do ano 2005 como un "espazo científico-académico" destinado a dar a coñecer a actividade do grupo de investigación,
como primeiro paso para facer a andaina dende un sitio web informativo ata unha plataforma de comunicación que aumentará as posibilidades de interacción entre
os membros do grupo e os navegantes. Administración
O sitio web está hospedado no servidor web da
Universidade de Santiago de Compostela e cumpre as normas de deseño da
guía de estilo web
do
Manual de Imaxe Corporativa da
Universidade de Santiago de Compostela.
A responsabilidade acerca dos contidos das páxinas deste espazo é exclusivamente do administrador deste sitio web.
Test sobre o sitio web

O sitio web da USC cumpre coas especificacións de páxinas web accesibles para persoas con discapacidades, tal e como se recolle no "Test Accesibilidad Web".
Para facilitar a accesibilidade aos usuarios con discapacidades visuais, prescíndese de efectos visuais, identifícase
cada imaxe con etiquetas de texto ALT, codifícase o texto con tamaños de fonte relativos e emprégase un fondo de páxina branco.

O sitio web emprega unha folla de estilos CSS que cumpre coas especificacións do Consorcio WWW.
Debido ás restriccións de ancho de banda, para optimizar o tempo de descarga das páxinas, o tamaño das imaxes con formato JPEG está limitado.
Co fin de aforrar espacio no disco, o administrador evita a duplicación de imaxes no servidor web. O sitio web prescinde de frames e emprega extensións estándares coherentes co contido da páxina.
Créditos
Elaboración e actualización a cargo de
Pablo M. Souto.
|