Inicio
Avaliación da CIG sobre a reforma da negociación colectiva
A central sindical considera que o obxectivo que se busca coa reforma é facilitar a flexibilización do salario e das condicións laborais.
O Consello de Ministros vén de aprobar un Decreto Lei sobre a reforma da negociación colectiva modificando varios artigos do Estatuto dos Traballadores co obxectivo de facilitar a flexibilización do salario e das condicións de traballo, fortalecer o poder empresarial e favorecer a aplicación da reforma laboral en detrimento da clase traballadora. Unha primeira análise de urxencia require partir do que nós propomos, considerar o que agora mesmo existe e avaliar os cambios normativos que se propoñen.
Texto articulado do Convenio
O convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela foi publicado no DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008. Podes consultar o texto articulado pinchando no seguinte enlace.
O TSXG desestima o recurso sobre as vacacións
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso, presentado por CIG e CCOO ao que finalmente tamén se sumou UGT, contra as instrucións de xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para este ano 2011. Agora a nosa asesoría xurídica avaliará a viabilidade dun recurso de casación.
