O TSXG desestima o recurso sobre as vacacións
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso, presentado por CIG e CCOO ao que finalmente tamén se sumou UGT, contra as instrucións de xerencia relativas a vacacións, permisos e licenzas para este ano 2011. Agora a nosa asesoría xurídica avaliará a viabilidade dun recurso de casación.