Avaliación da CIG sobre a reforma da negociación colectiva

A central sindical  considera que o obxectivo que se busca coa reforma é facilitar a flexibilización do salario e das condicións laborais.

O Consello de Ministros vén de aprobar un Decreto Lei sobre a reforma da negociación colectiva modificando varios artigos do Estatuto dos Traballadores co obxectivo de facilitar a flexibilización do salario e das condicións de traballo, fortalecer o poder empresarial e favorecer a aplicación da reforma laboral en detrimento da clase traballadora. Unha primeira análise de urxencia require partir do que nós propomos, considerar o que agora mesmo existe e avaliar os cambios normativos que se propoñen.

Joomla 1.6 Templates designed by Joomla Hosting Reviews