Formación
Formación interna sindical 2011-2012
A seguir preséntanse os calendarios por comarcas nos que se recollen a relación de Cursos de Formación Sindical que FESGA oferta á Confederación Intersindical Galega (CIG), é dicir, están dirixidos aos traballadores/as da CIG, aos delegados/as da CIG e en xeral a toda a afiliación. Estas accións de formación intersectorial dirixidas preferentemente a persoas ocupadas, teñen por obxecto contribuír a un mellor coñecemento da lexislación laboral, a negociación colectiva, o cálculo de nóminas e liquidacións e a adquisición de habilidades sociais e comunicacionais. Os cursos están financiados polo Fondo Social Europeo a través da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
A oferta formativa divídese en dous períodos: do 14 de setembro ao 30 de decembro do 2011 e do 10 de xaneiro ao 30 de abril do 2012. Cada curso consta de 50 horas lectivas (5 xornadas presenciais de 7 horas máis 15 horas de titoría a distancia). O horario será de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 a 18:30 h., incluíndo o xantar.
Estes cursos prestarán especial atención ao conxunto de reformas e modificacións recentes da lexislación laboral, abordando tamén outros aspectos de interese, coma a economía, a historia social e os dereitos civís aplicados á acción sindical.
Xa podes tramitar a túa inscrición na túa comarca ou federación da CIG.
Relación de cursos:
Nivel básico:
REPRESENTACIÓN SINDICAL I
RECIBO DE SALARIO E COTIZACIÓNS
COMUNICACIÓN SINDICAL E INTRODUCIÓN Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA
2º Nivel:
REPRESENTACIÓN SINDICAL II
LIQUIDACIÓNS SALARIAIS E INDEMNIZACIÓNS
DESCARGA OS CALENDARIOS POR COMARCAS
forGA: oferta formativa 2011-2012
Xa está aberta a preinscrición na nova ”Oferta Formativa da forGA 2011-2012” dirixida preferentemente a traballadores/as en activo (con prazas para desempregados/as). Podedes atopar información completa no sitio web de forGA
A oferta para persoal das federacións da área pública podedes atopala neste enlace. Está clasificada en dúas modalidades PRESENCIAL e TELEFORMACIÓN. Á hora de consultar a oferta tede en conta que o PAS da USC pertencemos a federación de administración pública, e o PDI é da federación de ensino.
Por último, sinalámosche que nos cursos ofertados dentro da programación intersectorial existe unha pequena porcentaxe de prazas que poden ser ocupadas por traballadores/as en activo da Área Pública, aínda que estes cursos non estea dirixidas especificamente a ese sector.
Podes atopar máis información na plataforma web ou dirixíndote a calquera das Delegacións Territoriais de forGA.