Formación interna sindical 2011-2012

A seguir preséntanse os calendarios por comarcas nos que se recollen a relación de Cursos de Formación Sindical que FESGA oferta á Confederación Intersindical Galega (CIG), é dicir, están dirixidos aos traballadores/as da CIG, aos delegados/as da CIG e en xeral a toda a afiliación. Estas accións de formación intersectorial dirixidas preferentemente a persoas ocupadas, teñen por obxecto contribuír a un mellor coñecemento da lexislación laboral, a negociación colectiva, o cálculo de nóminas e liquidacións e a adquisición de habilidades sociais e comunicacionais. Os cursos están financiados polo Fondo Social Europeo a través da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

A oferta formativa divídese en dous períodos: do 14 de setembro ao 30 de decembro do 2011 e do 10 de xaneiro ao 30 de abril do 2012. Cada curso consta de 50 horas lectivas (5 xornadas presenciais de 7 horas máis 15 horas de titoría a distancia). O horario será de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 a 18:30 h., incluíndo o xantar.

Estes cursos prestarán especial atención ao conxunto de reformas e modificacións recentes da lexislación laboral, abordando tamén outros aspectos de interese, coma a economía, a historia social e os dereitos civís aplicados á acción sindical.

Xa podes tramitar a túa inscrición na túa comarca ou federación da CIG.

Relación de cursos:

Nivel básico:
REPRESENTACIÓN SINDICAL I
RECIBO DE SALARIO E COTIZACIÓNS
COMUNICACIÓN SINDICAL E INTRODUCIÓN Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA

2º Nivel:
REPRESENTACIÓN SINDICAL II
LIQUIDACIÓNS SALARIAIS E INDEMNIZACIÓNS

DESCARGA OS CALENDARIOS POR COMARCAS

ØComarca de Compostela

ØComarca da Coruña

ØComarca de Ferrol

ØComarca de Lugo / A Mariña

ØComarca de Ourense

ØComarca de Pontevedra

ØComarca de Vigo

Joomla 1.6 Templates designed by Joomla Hosting Reviews