Procesos selectivos

Convocatorias de oposición

Convocatorias de oposición publicadas e que están en prazo para presentar as solicitudes para participar nos procesos de selección de persoal laboral:

Oposicións da escala técnica superior de administración

En xullo de 2008 desde a CIG presentamos un recurso no xulgado do contencioso administrativo contra as convocatorias de oposición de persoal funcionario da Escala técnica superior de administración. A data de xuízo estaba prevista para hoxe, dous anos e 8 meses máis tarde, e dito xuízo non ten que celebrarse, o motivo é que a USC allanouse no proceso.

Para os que non estamos afeitos á linguaxe xurídica a definición concreta do termo "allanar" é, "ven a ser o acto xurídico procesal que importa a sumisión expresa ás pretensións formuladas pola parte contraria na demanda"

Na demanda da CIG pedíase a nulidade do temario, xa que era un temario específico con temas de calidade e non da escala técnica superior de administración. Á nosa demanda tamén se uniu outra presentada por varias persoas da plantilla de PAS funcionario que pode ser que fixeran algunha demanda a maiores. Polo que cando teñamos algún dato máis xa vos informaremos.

Primeira sentenza: contratación de persoal de investigación

A CIG ven recorrendo mes tras mes tódalas convocatorias de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo, desde xullo de 2010, por incluír nelas unhas claúsulas de exclusión fraudulentas, e evitar así a conversión en indefinidos de determinados traballadores/as por alcanzar certo período de tempo prestando servizos para a USC.

O xulgado do contencioso administrativo ditou a primeira sentenza, estimando o recurso presentado pola CIG contra a convocatoria 9/2010 para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades de investigación.

A sentenza estima o recurso contencioso-administrativo e anula a dita convocatoria, e en particular o apartado relativo as causas de exclusión.

Descarga a sentenza

Segunda sentenza: contratación de persoal de investigación

No día de hoxe (19/05/2011) notifícannos unha nova sentencia sobre as convocatorias de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo, por incluír nelas unhas claúsulas de exclusión fraudulentas, e evitar así a conversión en indefinidos de determinados traballadores/as por alcanzar certo período de tempo prestando servizos para a USC.

O xulgado do contencioso administrativo ditou a segunda sentenza, estimando o recurso presentado pola CIG contra unha nova convocatoria, esta vez é a convocatoria 8/2010 para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades de investigación.

A sentenza, que foi ditada por unha xuíza diferente, estima o recurso contencioso-administrativo e anula a dita convocatoria, e en particular o apartado relativo as causas de exclusión.

Descarga a sentenza

Joomla 1.6 Templates designed by Joomla Hosting Reviews