Varios

Listas de ditribución de PAS-CIG

Non recibes os correos da CIG e queres comezar a recibilos?

Aquí tes os pasos que tes que seguir para darte de alta das listas de distribución de correos da USC

Podes consultar todas as listas de distribución que ten a universidade cun pequeno resumo do tema ou temas que tratan no seguinte enderezo web:

http://www.listas.usc.es/listas/

Podes darte de alta en todas as listas que sexan do teu interés, e para  facelo tes que seguir os seguintes pasos:

  • Pinchar no enlace da lista seleccionada, por exemplo PAS-CIG
  • Seleccionar Subscribirse ou abandoar a lista (ou cambiar a configuración)
  • Cubrir os apartados de enderezo de correo electrónico e nome, e pinchar no botón UNIRSE Á LISTA.
  • Ten que aparecer a mesma páxina cunha mensaxe na parte de arriba que diga "A confirmation request is being sent under separate cover. "
  • Recibirás un correo electrónico de confirmación no que o remitente é: L-Soft list server at Universidade de Santiago de Compostela (1.8d)< This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. > No que simplemente tes que pinchar no enderezo web que aparece no correo.
  • Ábrese unha páxina de confirmación de subscripción.
  • Recibirás un novo correo do mesmo remitente confirmando que a subscripción á lista foi aceptada.

 

As listas da CIG:

  • PAS-CIG (esta é unha lista de correos oficial da USC, que xestiona un moderador e que só poden enviar correos os enderezos autorizados)
  • USC-CIG (esta lista si a xestionamos nós, polo que calquera persoa que esté apuntada nela pode enviar correos, é polo tanto unha boa ferramenta para establecer debates entre todos e todas nós)

Lembra que estar apuntado/a nunha non implica que o estés na outra, xa que se utilizan para cousas diferenciadas.

 

As correspondentes aos órganos de representación:

Resultados electorais do PAS

Nas eleccións sindicais celebradas onte, a CIG obtivo:

  • 8 delegados/as no comité de empresa de Santiago
  • 4 delegados/as no comité de empresa de Lugo
  • 7 delegados/as na xunta de persoal funcionario

Podedes consultar os resultados por colexios electorais no seguinte documento pdf

Os delegados/as electos son:

Comité de empresa de Santiago:

Colexio de técnicos e administrativos:

- Isa Vaquero (SNL)

- Diego Conde (Área TIC)

- Puri Torrente (Orientación laboral)

- Christine Garcia (CLM)

Colexio de especialistas e non cualificados:

- Dores Chedas (Xornalismo)

- Moncho Pereira (OAU)

- Carmen Espiñeira (Deportes)

- Antón García (Imprenta)

Comité de empresa de Lugo:

Colexio de técnicos e administrativos:

- Carlos Fernández (Dpto. Xenética)

- Eduardo Corbelle (Dpto. Enxeñería agroforestal)

Colexio de especialistas e non cualificados:

- Carmen Xove (Cultura)

- Santiago Corzón (Gica) (APL)

Xunta de persoal funcionario:

Santiago:

- Xose Antón Romero Banzas (Económicas)

- Rosa Mª López (Dpto. Bioloxía celular e ecoloxía)

- Mercedes Alonso (Psicoloxía)

- Elena Pillado (Psicoloxía)

- Alberte P. Viso (biblioteca xeral)

Lugo:

- Lucas Gómez (UXA)

- Luís Blanco (Luigi) (biblioteca EXB)

Joomla 1.6 Templates designed by Joomla Hosting Reviews