PROGRAMA PDI FUNCIONARIO
ELECCIÓNS SINDICAIS 2011
PROGRAMA DE UGT Á XUNTA DE PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR
POLA ESTABILIDADE E MANTEMENTO DO EMPREGO”
XUNTOS PODEMOS MÁIS
AGORA É O TEU TURNO
AGORA É A TÚA QUENDA
NON Á ARBITRARIEDADE DISFRAZADA DE DISCRECIONALIDADE TÉCNICA
• Baremos obxectivos e negociados que permitan a autoavaliación por parte do interesado en:
DIGNIDADE PROFESIONAL E RECOÑECEMENTO RETRIBUTIVO
• Aumento dos actuais niveis na carreira docente universitaria TEU-27, TEU Doutor-28, TU-29 e CU-30
• Non á limitación no número de quinquenios e sexenios, e de igual contía para todos os Corpos
• Pagas extraordinarias do 100% da retribución mensual incluíndo todos os conceptos retributivos.
• Incorporación dos quinquenios e sexenios, así como o grao de Doutor, na base de cálculo das pensións.
CARREIRA PROFESIONAL
• Establecemento dunha carreira docente que garanta a promoción por méritos obxectivos na propia praza. TU a CU con tres anos nesta situación
• Os TEU non doutores integraranse como titulares non doutores, con nivel 27.
RECOÑECEMENTO DO LABOR QUE REALIZA O PDI FUNCIONARIO
• Recoñecemento no POD: Titorías, dirección de teses, proxectos e tarefas de xestión, créditos impartidos no Terceiro Ciclo e nos másteres
• Dotación de prazas para cubrir a docencia dos profesores que gocen de ano sabático
• Dotación de prazas funcionariais por actividade investigadora
MELLORA DA CALIDADE DA DOCENCIA E INVESTIGACIÓN
• Redución da relación alumno/profesor. Regulación económica de todos os anos sabáticos concedidos automaticamente a partir dos 10 anos de antigüidade
• Esixencia de condicións mínimas e dignas de traballo cunha xornada laboral non superior ás 8 horas/día.
FORMACIÓN
• Destinar o 2 % da masa salarial de todo o PDI para a formación
• Plans específicos que contemplen a redución da carga docente aos TEU para a realización da Tese de Doutoramento
• Regulación efectiva das estadías de formación e do ano sabático
• Facilitar as estadías de formación (novos planos, actualización e promoción de novas liñas I+D).
SAÚDE LABORAL
• Seguimento da aplicación da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
• Promoción de políticas de prevención de riscos e formación específica
• Establecemento dun Mapa de Riscos e elaboración dun Plano de Emerxencia. Aplicación do Regulamento de Lugares de Traballo.
ACCIÓN SOCIAL
• Actualización anual do PLANO DE ACCIÓN SOCIAL: -Mellora dos criterios de concesión das axudas de carácter social •Plan complementario de pensións coa achega da Universidade
•Xubilación anticipada aos 60 anos sen mingua recorte salarial
• Diminución gradual da carga docente a partir dos 55 anos
•Aplicación efectiva da Lei de conciliación da vida familiar e laboral
O TEU VOTO IMPORTA AGORA
PARTICIPA E COLABORA CON NÓS. TEMOS POLO MENOS UNHA DUCIA DE RAZÓNS EN COMÚN.
► Unha comunidade universitaria máis activa e participativa
► Unha maior presenza e efectividade da representación sindical para mellorar a transparencia de todos os procesos
► Defensa dos dereitos do persoal: de todos os dereitos e dos dereitos de todos mesmo ante os tribunais
► Transparencia nos procesos de selección e contratación
► Estabilidade do Persoal, Formación Permanente e Mellora do Fondo Social
► Priorización da política de capital humano como un valor estratéxico
► Un plano estratéxico da Universidade no seo da sociedade do coñecemento
► Competitividade no distrito aberto e no espazo universitario europeo
► Unha nova Lei de financiamento do Sistema Universitario de Galicia
► Financiamento complementario da Comunidade Autónoma que implemente, de maneira efectiva, unha nova política de persoal que estimule e garanta a calidade dos servizos, da docencia e da investigación.
► Complementariedade e especialización dos Campus no novo Mapa de Titulacións
► Dignificación da participación nos órganos de representación do profesorado
ELIXE UGT CON TODA CONFIANZA
FAI TÚA A NOSA LISTA Á XUNTA DE PDI
VOTA UGT






