Inicio » Actividades do SMU » Actividades en Curso » Foro Casa de Europa de investigadoras e tecnólogas » 2008 »  Foro 15 de maio de 2008




Foro 15 de maio de 2008




O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC celebrou este xoves, 15 de maio, unha nova sesión do seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Baixo o título ‘Claves para a igualdade’, nesta ocasión participou a presidenta do Forum Galego de Política Feminista, Paloma Rodríguez Vázquez.

Paloma Rodríguez, licenciada en Psicoloxía pola USC, dedicou a súa especialización académica a políticas europeas de xénero, alternativas para igualdade e muller e sociedade. Realizou cursos sobre a muller nos ámbitos da saúde, violencia de xénero, mercado laboral ou exclusión social, e outros relacionados con cooperación e xénero. Entre 1987 e 1997 foi directora do Centro de Información dos Dereitos da Muller de A Coruña, do Instituto de la Mujer.




         •  Claves para a Igualdade
O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC celebra o seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas o vindeiro xoves, día 15 de maio ás 17:00 horas na Casa de Europa. Nesta ocasión contaran coa participación da Presidenta do Forum Galego de Política Feminista, Paloma Rodríguez Vázquez. As e os interesados deberan confirmar a súa asistencia no seguinte enderezo electrónico: (...)