Hemeroteca
O Seminario Mulleres e Universidade da USC iniciou as súas actividades co ánimo de promocionar a igualdade entre homes e mulleres en tódolos niveis de actuación do sistema universitario e, en xeral, no conxunto do sistema de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia. A este fin constituíuse nun espazo de reflexión que, ao tempo que impulsa e insta a creación de políticas universitarias que fomenten unha igual e real participación e representación en tódolos ámbitos de toma de decisións universitarias, alenta a reflexión constante sobre a contribución das mulleres á Ciencia e á Tecnoloxía.

