Publicacións entre o 2000-2005
| • |
Educación e socialización da muller na Galicia rural Título: Educación e socialización da muller na Galicia rural Autor: Rita Gradaílle Pernas Editorial: Ediciós do Castro Lugar e ano: Sada 2005 Este libro ten por obxecto estudia-la influencia do medio rural galego nas traxectorias sociobiográficas de tres xeracións de mulleres, dilucidando as interaccións que se producen respecto dos seus itinerarios académicos, laborais e familiares. O estudio articúlase en torno ós procesos de inserción sociolaboral da muller nos espacios rurais e as dinámicas (...) |
| • |
As terceiras mulleres Título: As terceiras mulleres Autor: María do Cebreiro Editorial: Ed. Galaxia Lugar e ano: Vigo 2005 Editorial Galaxia quere contribuír á celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, cun libro de ensaios escrito pola poeta María do Cebreiro Rábade Villar no que se fai un achegamento á invención histórica das mulleres como "suxeitos". "As terceíras mulleres" é un ensaio de ensaios escrito ao redor da creación artística e literaria feita por mulle- res e da nova maneira de entender (...) |
| • |
A Cidade das Mulleres Coa obra A Cidade das Mulleres, de Cristina de Pizán, Sotelo Blanco Edicións inicia unha nova colección de narrativa: As Letras das Mulleres. Esta colección pretende recuperar os textos de autoras que, escritos nun tempo pasado, chegan a sorprender pola súa temática en cuestións que atinxen hoxe non só ás mulleres senón tamén á sociedade en xeral. Esta obra está coeditada polo Servizo Galego de Igualdade e Sotelo Blanco Edicións. Cristina de Pizán formúlalle á dona Razón a pregunta de se ten permitido (...) |

