Inicio » ¿Quen somos?
¿Quen somos?
O Seminario Mulleres e Universidade iniciou, xa hai un tempo, as súas actividades co ánimo de promocionar a igualdade entre homes e mulleres en tódolos niveis de actuación do sistema universitario de Galicia. A este fin constituíuse nun espazo de reflexión que, ao tempo que impulsa e insta a creación de políticas universitarias que fomenten unha igual e real participación e representación en tódolos ámbitos da toma de decisións universitarias, alenta a reflexión constante sobre a contribución das mulleres na Ciencia e na Tecnoloxía.
Entre os nosos obxectivos fundacionais figuran:
1.- Impulsar os obxectivos de igualdade de mulleres e homes en todo o proceso de creación e divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía, especialmente no ámbito universitario.
2.- Promover e desenvolver accións de sensibilización sobre situacións de discriminación, tentando detectar os mecanismos conscientes e subconscientes que están na orixe desas situacións.
3.- Instar a aplicación de políticas de igualdade na composición dos órganos de goberno da Universidade así como na constitución de tribunais, comités, comisións, etc.
4.- Deseñar e divulgar estratexias para eliminar desigualdades de xénero no ámbito da Universidade en particular e da Ciencia, a Tecnoloxía e as Humanidades en xeral. Divulgar informacion sobre pautas seguidas noutras universidades do noso entorno e en organismos españois e internacionais sobre os recursos utilizados polas súas científicas e universitarias para romper teitos limitantes.
5.- Participar con outras organizacións para a defensa dos dereitos das mulleres e da súa plena e real integración laboral e social en tódalas áreas do coñecemento.
6.- Colaborar coas administracións, institucións e fundacións galegas e de ámbito español e internacional para a búsqueda de apoios aos nosos fins.
7.- Presentar en tódalas ocasións que se considere preciso unha acción colectiva a prol do recoñecemento da contribución das mulleres na creación da Ciencia e na xestión do Coñecemento.
8.- Fomentar no noso entorno unha visión non sexista da Ciencia, así como, en xeral, en todo o proceso de coñecemento, no seu desenvolvemento e nas súas aplicacións.
9.- Colaborar nos ámbitos autonómico, español e internacional na aplicación do Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres en Educación.
| • |
Promotoras do Seminario Mulleres e Universidade María Pilar Arias Crespo. Titular de Universidade. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Facultade de Bioloxía. Regina Carballal Duran. Titular de Universidade. Departamento de Botánica. Facultade de Bioloxía. Eva María Castro Caridad. Catedrática de Universidade. Departamento de Latín e Grego. Facultade de Filoloxía. María Paz García Rubio. Catedrática de Universidade. Departamento de Dereito Común. Facultade de Dereito. María Marcelina Graña Barcia. Titular de Universidade. Departamento (...) |
| • |
Onde estamos Seminario Mulleres e Universidade Centro de Estudos Avanzados-Casa de Europa Parque de Vista Alegre Rua Salvadas, s/n 15705 Santiago de Compostela Tlfo: 981554855 Ext.: 16323 Mail: seminario.universidade.mulleres@usc.es CEA- Casa de Europa: http://www.usc.es/cea_ce/cea/cea.htm |
| • |
Equipo técnico Laboratorio de Modelos para a Xestión do Coñecemento. Facultade de Administración de Empresas. Lugo. USC. Luis Gago González (Profesor Titular Universidade de Santiago de Compostela) Alejo Becerra Díaz Marcos Vizcaíno González |
| • |
Equipo responsable da creación e xestión da Web Montserrat Nogueira Álvarez María Xosé Rodríguez Galdo Olga Rodríguez Rodríguez Rosa María Regueiro Ferreira Coa colaboración do Equipo Cepam |

