Inicio » Boletín do Seminario Mulleres e Universidade » Resumo de prensa » Resumo de Prensa 2008




A intervención forma parte dunha mostra de ‘land art’ que se poderá visitar en maio de 2009 en Santiago

A artista brasileira Christina Oiticica desenterrou parte da súa obra no patio da Facultade de Xeografía e Historia


Xornal USC, 05.11.08



A artista brasileira Christina Oiticica (Rio de Janeiro en 1951) volveu a Compostela este mércores para desenterrar a obra que en xuño deste ano ocultou no patio da Facultade de Xeografía e Historia como parte dun proxecto de ‘land art’ que se poderá visitar en maio de 2009 na Igrexa da Universidade baixo o título Camiño Peregrino, unha produción conxunta da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Fundación Via Galego. Acompañaron á pintora o vicerreitor Elías Torres e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

Christina Oiticia, muller do escritor Paulo Coelho, é pioneira en aplicar unha particular técnica nas súas obras, combinando land art e pintura. Así foi como no mes de xuño improvisou unha obra con imprimacións de pinturas e pos “en cores azul e amarelo, as cores do Camiño” sobre unha placa de cobre que logo estampou sobre un lenzo.

“Pretendo que a enerxía da natureza interveña no traballo e o modifique como a ela máis lle conveña”, afirmou na súa primeira visita a Santiago, ao tempo que compartía a “grande emoción” que sinte cando desenterra as obras. “Ás veces, polo efecto da propia natureza, non aparecen”, comentou.

O de hoxe é o primeiro metal que desenterra e no que observou unha boa conservación das cores, “que ten que ver coa humidade da terra”. Agora, unha vez recupere todas as obras, terá que tratalas cun conservante e moldurar.

A estas dúas obras sumaranse en maio de 2009 as 120 restantes que Christina Oiticica realizou en ruta polo Camiño de Santiago durante dous anos, entre elas unha placa e dous lenzos no Monte do Gozo.

Christina Oiticia Formada na Escola de Belas Artes e no Museo de Arte Moderna de Río de Janeiro, Oiticica completou a súa formación na Facultade de Arquitectura Bennett da mesma cidade e no Círculo de Belas Artes de Madrid. A autora comezou a expoñer tanto de xeito individual como colectivo en 1984.




 Versión para imprimir  Versión para imprimir
Versión en PDF  Versión en PDF
e-mail  Enviar por correo electrónico







Resumo de Prensa 2008

• España es el quinto país de Europa con más mujeres en el Parlamento
• As tres novas veterinarias do Rof Codina reciben as súas credenciais de bolseiras
•  «A escola é o servizo mellor valorado polos colectivos inmigrantes»
• «O noso primeiro obxectivo é conservar o legado de Man»
• La Fundación Juana de Vega incorpora a la científica ourensana Teresa Miras Portugal
• Un estudio español ’radiografiará’ el cáncer de pulmón femenino
• Clotilde Iglesias: ’O ourensán ‘Tacholas’ fíxolle un oco a Galicia no cine e no teatro arxentinos’
• La creación con manos de hilo
• ¿Quién precisa leer un libro si puede verlo en dibujos?"
• La asociación de escritores premia a Elena Poniatowska