Inicio » Tecendo Redes » Lexislación » Galicia





Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.


DOG nº 72, 13.04.07



Actualmente ninguén discute os importantes avance en todos os ámbitos que as mulleres e os home de Galicia foron acadando nos últimos anos, avance que permitiron unha profunda modificación da estruturas sociais, políticas, económicas e culturais e cuxos efectos, en maior ou menor medida, perciben os cidadáns e as cidadás deste país, o que fai posible que a maior parte aproveite uns dereitos e unhas posibilidades impensables para as xeracións anteriores.

Así e todo, ao lado deste innegable nivel de desenvolvemento, a análise da sociedade actual mostra unha realidade para o colectivo das mulleres, conformado por máis da metade da poboación, marcada pola desigualdade de sexos e pola discriminación no acceso aos recursos.

A discriminación sufrida polas mulleres é a máis antiga e persistente no tempo; esta discriminación foi, e aínda é, a máis estendida no seu ámbito territorial; a que máis formas revestiu, desde o simple e brutal exercicio da violencia ata os máis sutís comportamentos aparentemente protectores, pero profundamente discriminatorios; a que afecta o maior número de persoas, e a máis elemental, porque se engade a outras discriminacións que no curso da vida pode sufrir unha persoa.

PDF - 147.4 KB


 Versión para imprimir  Versión para imprimir
Versión en PDF  Versión en PDF
e-mail  Enviar por correo electrónico







Galicia

• Ley gallega para la prevención y el tratamiento integral de la violencia de género.
• Manual Lexislativo das traballadoras
• Ditame sobre o anteproxecto de Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero
• Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
• Decreto 249/2002, de 18 de xullo, polo que se modifica o Decreto 312/1999, de 11 de Novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de Muller.
• Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
• Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
• Resolución do 9 de febreiro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega) e se procede á súa convocatoria.
• Orde do 29 de xaneiro de 2004 pola que se establecen as bases que rexen as axudas e subvencións para o exercicio de 2004, da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para a contratación por parte das entidades locais de traballadores desempregados beneficiarios do Programa Labora: xuventude con experiencia e do Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia doméstica, para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social e se procede á súa convocatoria.
• Orden de 5 de xuño de 2003 pola que se establece un programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia doméstica.