Textos para a Historia das Mulleres en Galicia
María Xosé Rodríguez Galdo
Esta obra, Textos para a historia das mulleres en Galicia, é o resultado do proxecto desenvolvido por un conxunto de investigadoras que, desde distintos ámbitos -historia, economía, filoloxía- e dos campos da docencia universitaria e do ensino medio, tentabamos cubri-lo baleiro de publicacións específicas comprensivas de tódolos períodos históricos; e unha vez que propostas semellantes, desenvolvidas para un ámbito xeográfico máis amplo, que comprende o conxunto de España, xa foran ensaiadas con éxito coa publicación en 1994 pola editorial Cátedra de Textos para la Historia de las Mujeres en España.
A selección e estructuración de materiais documentais tan diversos que achegamos responde á preocupación de devolverlles ás mulleres o lugar que lles corresponde na historia; unha historia da que foron esquecidas, cando máis da metade da humanidade está constituída precisamente por mulleres. Rescatalas da invisibilidade que as oculta, reivindica-lo papel da súa traxectoria vital na construcción da nosa historia colectiva como pobo diferenciado é o propósito que nos move.
As fontes escritas ou iconográficas das que nos servimos moi rara vez recollen a voz directa das mulleres. Na súa maior parte son textos de mulleres “representadas”.


Versión para imprimir
Versión en PDF
Enviar por correo electrónico
