|
|
Criterios internacionais
Os trazos vistos ata o de agora non son en absoluto exclusivos do galego, senón comúns á documentación administrativa de moitos idiomas. De todos os xeitos, en certos aspectos é necesario ir máis aló de pautas xerais como as anteriores e buscar unha maior homoxeneidade formal.
A Organización Internacional de Estandarización (ISO), órgano consultivo da Organización das Nacións Unidas creado en 1946, é a encargada de levar a cabo este traballo, que se centra na elaboración dun corpus de criterios que a documentación de todos os países debería respectar.
Na práctica, as súas prescricións e recomendacións oriéntanse cara a cuestións formais e convencionais (medidas e formatos de documentos, códigos para representar nomes de linguas, países ou moedas por medio de símbolos, formas de indicar a datación nos documentos, etc.); pero que poden orixinar graves confusións á hora de interpretar correctamente a información se non se tratan da mesma maneira nos distintos idiomas. |