Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Asesoramento » Fundamentos lingüísticos » Criterios » Tempo » Datacións
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

As datacións

 

Á hora de redactar un documento a indicación da data debe colocarse nun lugar onde destaque visualmente. Por esta razón, o normal é que apareza na súa parte final e despois do bloque da sinatura, tal como no primeiro exemplo, a pesar de que en certos casos admítense outras colocacións.

A)

Atentamente

O director

(sinatura)

 

Xesús Morán Cortizo

O Barco de Valdeorras, 25 de outubro de 2005

B)

O Barco de Valdeorras, 25 de outubro de 2005

Estimada señora,

 

 

C)

Reciba un cordial saúdo.

O Barco de Valdeorras, 25 de outubro de 2005

O director

(sinatura)

Xesús Morán Cortizo

Nalgúns exemplos concretos, como os documentos dos cidadáns (alegación, declaración, denuncia, petición, recurso e solicitude), o certificado ou a dilixencia, a data debe ir despois do texto pero antes do bloque da sinatura, pois nestes casos ten unha relevancia maior, que aconsella achegala á cerna do documento. 

Por isto, SOLICITO:
Que sexa revogada a miña exclusión e que se me inclúa no proceso selectivo.

Noia, 8 de novembro de 2004

A redacción da datación debe ter en conta unha serie de particularidades: 

• É mellor representala nun bloque separado ca dentro do texto, pois esta segunda opción dificulta moito a súa localización. 

Noia, 8 de novembro de 2004

mellor ca  

...asino este documento en Noia, o día oito de novembro de dous mil catro.

• Non leva preposicións, nin En antes do nome do lugar nin a antes da datación propiamente dita.

*En Noia, a 8 de novembro de 2004

• As datacións poden representarse con cifras no interior de cadros e gráficos, ou en formularios dotados dun número limitado de ocos para incluír esta información. Existen dúas formas distintas de facelo: 

— Para documentos que vaian empregarse en ámbitos internacionais, a norma ISO (8601-1988), aconsella fundamentalmente aplicar unha orientación decrecente (anos-meses-días), empregar catro cifras para os anos, dúas para os meses e dúas para os días e escribir seguidos os oito díxitos, ou senón separalos con espazos en branco ou con guións.

8 de novembro de 2004 --> 20041108, 2004 11 08 ou 2004-11-08

— Para documentos cun ámbito de difusión menor empréganse tamén os oito díxitos, orientados de xeito crecente e separados en bloques por puntos, barras diagonais ou guións.

8 de novembro de 2004 --> 08.11.2004, 08/11/2004 ou 08-11-2004

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00