Os nomes de lugar
Non se traducen
• Como pauta xeral, os topónimos estranxeiros manteñen as denominacións da lingua que os creou.
La Línea de la Concepción Nürnberg
Castelló de la Plana Malmö
Philadelphia Reggio di Calabria
Seattle Rouen
En consonancia con ese criterio xeral, aconséllase tamén empregar a toponimia autóctona cando concorran dous nomes distintos; ben avalados por unha cooficialidade legal (por exemplo os topónimos vascos), ben debidos a unha serie de disputas políticas ou territoriais.
Donosti (mellor ca San Sebastián)
Hondarribia (mellor ca Fuenterrabía)
illas Malvinas (mellor ca illas Falkland)
O que se acaba de dicir non ten sentido cando só un dos nomes ten difusión. Evidentemente, nese caso empregarase o que é coñecido sen ter en conta a súa orixe.
Dublín (mellor ca Baile Átha Cliath)
Casablanca (mellor ca Dar-al Bayda)
• Cando o nome orixinal se escribe nun alfabeto distinto do noso (ruso, xaponés, chinés, árabe...) é necesario modificalo. Agora ben, esta modificación non é unha tradución, xa que se limita, ou a intentar substituír os caracteres estraños por aqueles dos propios que lle correspondan, ou a intentar reproducir no galego a pronuncia orixinal.
Ulaanbaatar Iemen Shangai
Sahara Volgogrado
Tradúcense
• A pesar do que se acaba de dicir, non se debe esquecer que en tempos pasados todas as culturas adaptaban ás particularidades da súa lingua (e en certa medida aínda o seguen facendo) os topónimos estranxeiros que empregaban con máis frecuencia ou que consideraban máis importantes. Por ese camiño, o galego conta hoxe cunha serie de nomes de lugar que posúen unha forma propia que debe manterse con independencia do criterio xeral.
A Habana Castela Nova Orleans
A Haia Cidade do Cabo Nova York
Alemaña Hamburgo Río de Xaneiro
Badaxoz Islandia Uruguai
Boloña Londres Xaén
Bos Aires Losana Xirona
Cando os topónimos adquiren aparencia de formas galegas, seguirán as regras acentuais desta lingua.
Tánxer Milán
París Múnic
• Os topónimos menores (rúa, porto, praza...)
illas dos Azores Barrio Latino de París
porto de Barcelona Muro de Berlín
praza de Tianammen
De todos os xeitos, non é raro atopar excepcións.
Central Park Chinatown
Downing Street Freetown
Fontana di Trevi
• Os accidentes xeográficos (monte, serra...) que se inclúen en topónimos.
Costa do Marfil Río de Xaneiro Serra Leoa
Novamente, as excepcións son habituais.
Port-au-Prince Puerto de Santa María |