A acta de reunión é o documento acreditativo no que se recollen todas as incidencias ocorridas e os acordos tomados nunha sesión dun órgano colexiado.
Plan de Normalización Lingüística da USC (novembro de 2001)
3.2. Obxectivo xeral: Propiciar que o galego sexa lingua normal de comunicación, expresión e traballo da comunidade universitaria.
4.1.1 Obxecivos principais: Estimular o uso do galego en todos os ámbitos profesionais universitarios: a docencia, a investigación, a administración e os servizos universitarios.
4.4.1 Obxectivos principais: Consolidar a lingua galega como idioma de uso normal na xestión universitaria e mais nos servizos.
Regulamento de uso do galego da USC (Xunta de Goberno, sesión de 22 de decembro de 1993):
3.1. As comunicacións formais (oficios, convocatorias de xuntanzas, citacións, convites, etc.) entre centros, servizos e administracións da Universidade de Santiago realizaranse en galego.
3.6. Os centros e departamentos da Universidade de Santiago de Compostela, da mesma maneira que as dependencias administrativas e de servizos, terán como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc. redactaranse en galego.
A redacción realízase en 3ª persoa, agás na fórmula de remate, na que a persoa que ocupa a secretaría fala de si mesmo como "eu" ("... estendo esta acta...").
O tempo verbal no que se redacta a acta é o presente.
| Abstención f. |
Acción e efecto de non participar nunha votación |
| Acordo m. |
Decisión mutuamente aceptada entre as partes interesadas |
| Acordo administrativo m. |
Decisión da Administración pública, adoptada por un órgano colexiado |
| Asuntos de trámite m. |
Punto habitual nas ordes do día onde se tratan asuntos de importancia menor |
| Ditame m. |
Opinión escrita e motivada que emite un facultativo sobre un asunto da súa especialidade |
| Facer constar v. tr. |
Facer manifesto dunha cousa |
| Maioría f. |
Nunha votación, parte maior dos votos emitidos nun sentido |
| Maioría absoluta f. |
Maioría que excede, segundo os casos, a metade dos membros dun órgano ou o número de votos emitidos |
| Maioría relativa f. |
Maioría que excede o número de votos das outras alternativas |
| Quórum de constitución m. |
Número mínimo de membros presentes nunha asemblea, necesario para que sexa válida. |
| Quórum de votación m. |
Proporción dos votos favorables que requiren un acordo |
| Rogos e preguntas m. |
Fórmula para designar o derradeiro punto da orde do día. |
| Rolda aberta de intervencións f. |
Fórmula aconsellada para designar o derradeiro punto da orde do día. |
| Verificar v. tr. |
Comprobar que unha cousa é certa ou exacta |
| Voto m. |
Manifestación expresa da vontade dun individuo |