Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de asesoramento » Recursos » Tradutores automáticos
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Calidade de Tradución

Ver a comparativa completa ou o resumo

Para comprobar a calidade de tradución sometemos os tres tradutores á tradución dunha páxina dun texto xornalístico. As traducións do programa de Imaxin e de Traducíndote é a mesma, polo que a comparativa vai confrontar es►gl e o sistema Opentrad (Imaxin e Traducíndote).

Os resultados son estes: Opentrad e es►gl

O resultado dun e doutro sistema é bo, aínda que nunca hai que perder de vista que son sistemas de tradución automática. Algún purista pode botar de menos unha sempre desexable recreación textual no proceso de tradución, pero, a día de hoxe, a tradución automática aínda non a pode ofrecer. Nun texto de 3300 caracteres, aproximadamente unha páxina, cada sistema cometeu un total de oito erros.



Opentrad

Incorrecto Correcto
Váiselle a* abrir Váiselle abrir
José Luís* José Luis
…que fai* días …que hai días
As apoio*, pero Apóioas, pero
Reciben o diñeiro e quédanllo* Reciben o diñeiro e quedan con el
Sentémonos* todos a un tempo* mesma mesa Sentemos todos a unha mesma mesa
Respaldo* absolutamente a... Avalo absolutamente a...
Os concellos aseguran que, na práctica, ocúpanse*... Os concellos aseguran que, na práctica, se ocupan...

ES►GL

Incorrecto Correcto
...que a* remanga estes días ...que se remanga estes días
... un segundo* fronte ...unha segunda fronte
Getafe* Xetafe
... porque, sostén Castreo, ninguén faino* ...porque, sostén Castro, ninguén o fai
...cos cidadáns o* realizan ... cos cidadáns realízano
Ápoioas*, pero... Apóioas, pero…
Reciben o diñeiro e o quedan* Reciben o diñeiro e quedan con el
Non de diñeiro,*”, subliña Non de diñeiro”, subliña



Como se ve a cantidade de erros é moi asumible. Dos oito erros, os dous sistemas de tradución coinciden en dous. Ningún sabe como traducir correctamente “Las apoyo” nin “Reciben el dinero y se lo quedan”. No resto, cada un comete erros distintos e de diferentes ámbitos, aínda que son os sintácticos, loxicamente, os máis comúns.

En definitiva, non é a calidade lingüística da tradución o que nos vai facer decidirnos por un ou por outro programa. Traballar con calquera deles vai ser rendible en calquera caso, aínda que os documentos teñan que ser revisados e modificados, pois o que nos devolve o tradutor é un texto en bruto. Deberase traballar sobre el para deixalo correcto e para imprimir nel a frescura e o espírito que debe transmitir toda creación textual.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00