Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de asesoramento » Recursos » Tradutores automáticos
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

COMPARATIVA DE TRADUTORES AUTOMÁTICOS:
ES-GL fronte aos baseados en OPENTRAD

Comparativa (extensa)

Calidade de tradución

 

Valoración (resumo)

A diferenza de valoración dos tres tradutores non vén marcada pola calidade da tradución, senón pola facilidade na xestión dos arquivos, polos formatos admitidos ou polas direccións de tradución que permite. É dicir, o que resulta máis útil e fai o produto máis usable. A posibilidade de navegarmos por internet en galego fainos ilusión, pero non é un motivo determinante para escollermos un ou outro. Tendo en conta isto, se se van traducir arquivos a escolla máis razoable debera ser traducíndote, polos diferentes formatos que admite. Se o que se necesita é a tradución de textos curtos collidos, por exemplo, da Rede as opcións máis recomendables serán es►gl e, sobre todo, Imaxin.

Como produto máis completo e coidado merécenos a mellor valoración o tradutor de Imaxin, polo feito de poder traducir arquivos, anacos de textos e permitir navegar en galego. Como produto máis usable, que ao final é o máis determinante, leva a mellor consideración traducíndote; traduce arquivos nas dúas direccións e sen ter que andar mudando a súa configuración e respectando os formatos dos documentos.

De todos os xeitos, estamos ante tres produtos de calidade e absolutamente recomendables para telos entre os nosos favoritos. Ademais, os recursos informáticos gratuítos permítenos dispoñer dos tres a toque de rato. Daquela, por que renunciar a ningún?

 

 
es>gl
Traducíndote
Imaxin
Deseño e claridade da Interface
*
**
***
Xestión da tradución de arquivos
--
***
*
Tamaño de texto
*
***
***
Traduce páxinas de Internet (navegando)
Si
Non
Si
Traduce texto en ventá
Si
Non
Si
Traduce arquivos Word, Openoffice, Latex, MysQL
Non
Si
Non
Español-Galego
Si
Si
Si
Galego-Español
Non
Si
Si
VALORACIÓN GLOBAL
**
***
***

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00