Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de asesoramento » Recursos » Tradutores automáticos
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Tradutores automáticos

Exiten na actualidade ferramentas de tradución automática que aforran traballo e tempo. Hai que ter en conta, porén, que o resultado vai necesitar unha revisión persoal.

Ver a comparativa entre os sistema de tradución ES>GL e Opentrad (Imaxin e Traducíndote)

Os asteriscos responden a unha valoración feita por nós.

Traducíndote (***)

Este tradutor automático de código aberto está baseado en Opentrad-Apertium e admite moitos formatos, entre eles os textos con formatos doc.

características
  • dirección castelán-galego e galego-castelán
  • variedade de formatos (Word, OpenOffice, Latex, Abiword)
  • gratuíto
  • rápido

 

Imaxin (***)

Este tradutor automático de código aberto está baseado en Opentrad-Apertium. Admite formatos RTF e TXT e permite traducir páxinas web (en castelán) ao galego.

 

características
  • dirección galego-castelán e castelán-galego
  • traduce páxinas web
  • gratuíto
  • rápido

Es>Gl (**)

Este tradutor está localizado na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Permite traducir anacos de texto de menos de 4096 caracteres e navegar por internet.

características
  • dirección castelán-galego
  • traduce páxinas web
  • gratuíto
  • rápido

 

 

Traduza-g (***)

O Traduza-g é unha ferramenta de tradución potente e fiable que ofrece traducións de calidade en moi pouco tempo. Traduce unicamente na dirección castelán-galego. É un proxecto que parte dunha iniciativa privada, por iso o seu uso non é gratuíto.

características
  • rápido
  • fiable
  • de pago

 

Cervantes (**)

Con capacidade para verter 10.000 palabras entre castelán e galego, e viceversa, este novo instrumento limítase á tradución de páxinas web da Rede ou de textos que se insiran na inteface, o que supón unha clara limitación con respecto ás outras ferramentas de tradución.

 

características
  • dirección galego-castelán e castelán-galego
  • traduce páxinas web
  • gratuíto
  • rápido

 

Alén (**)

O tradutor automático Alén permite un alto grao de personalización. A diferenza dos anteriores, hai que instalar o programa no ordenador desde o que se vaia traballar.

características
  • gratuíto
  • rápido
  • personalizable

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00