Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Premios á calidade lingüística
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Premios á calidade e á excelencia lingüística

Os profesionais egresados da Universidade non só deben contar cun nivel axeitado de coñecementos significativos. Tamén é desexable que teñan desenvolvidas outras destrezas, habilidades e valores: autonomía, pensamento crítico, dominio das novas tecnoloxías... A presentación axeitada dun traballo dende o punto de vista formal –o que abrangue aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño, a coherencia, etc.-, é unha habilidade comunicativa que calquera universitario/a debería posuír.

A USC, a través das comisións de normalización lingüística dos centros, pretende contribuír a este obxectivo cos Premios á calidade e á excelencia lingüística dos traballos académicos, fomentando unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego. Non podía ser doutro xeito nesta Universidade, que ten adquirido un firme compromiso coa extensión do galego no eido da docencia a través do Plan de Normalización Lingüística.

Con este concurso a USC premiará os mellores traballos académicos de curso, de fin de grao ou proxectos de fin de carreira, escritos en galego, aos que se lles recoñeza calidade na súa avaliación. O concurso limítase a aqueles centros en que as comisions de normalización lingüística se comprometesen a organizalos.

Os Premios á calidade e á excelencia lingüística contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00