Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » As comisións de normalización lgca.
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

As comisións de normalización lingüística

As comisións de normalización lingüística (cnl) son comisións delegadas das xuntas de facultade ou de escola. Segundo o Plan de Normalización Lingüística, as cnl dos centros son parte da organización xeral da USC en materia de política lingüística, e hanse encargar de velar pola aplicación en cada centro do Plan de Normalización Lingüistica, de presentar propostas á xunta de centro e aos consellos de departamento, de canalizar suxestións á CNL do Claustro. Han ser, alén diso, o ámbito directo de participación dos tres colectivos da Universidade no
desenvolvemento do Plan.

Logotipo das comisións de normalizacion lingüística

O labor que están a realizar as cnl resulta imprescindible para podemos falar do proceso de normalización lingüística na USC durante os últimos anos.

A súa composición estará determinada polo que dispoña o regulamento do seu centro tocante ás comisións delegadas. En todo caso, haberá representantes de estudantes, do PDI e do PAS, así como representantes do equipo directivo do centro. A CNL tamén poderá acubillar a todas aquelas persoas do centro que queiran asistir e participar.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00