Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Dúbidas sobre o uso das linguas na USC
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Dúbidas sobre o uso das linguas na USC

Teño dereito a recibir clases no idioma da miña preferencia?

Non. O único dereito que se recolle na lexislación vixente a respecto da docencia universitaria é o de utilizar a lingua oficial -castelán, galego- que se prefira, tanto polos docentes como polos estudantes.

Podo esixirlle a un alumno/a que se expresa en galego, que o faga en castelán porque non o entendo?

Non. Os estudantes teñen dereito a utilizar a lingua da súa preferencia nas actividades académicas, e ninguén pode obrigalos a que usen outra.

Podo impartir clases en galego aínda que haxa alumnos/as que se queixan?

Por suposto, abofé. Os docentes teñen dereito a utilizar a lingua da súa preferencia nas actividades académicas, e ninguén pode obrigalos a que usen outra.

Todo o alumnado galego ten coñecementos abondos como para seguir unha materia en galego.

Os estudantes procedentes de fóra de Galicia reciben información sobre as linguas na USC antes de viren, e teñen ao seu dispor os Cursos para non galegofalantes, de balde, que lles garanten un nivel de comprensión oral e escrito abondo como para seguiren unha materia en galego. Por suposto, é recomendable nestes casos facer un labor de titoría, de seguimento e apoio especial.

Podo pedirlle a un membro do PAS que se dirixa a min en galego?

Non só llo podes pedir: é que, consonte a normativa vixente, esa sería a lingua que tería que falar en primeiro lugar durante o exercicio do seu traballo profesional. E só debería cambiar de lingua en caso de que un usuario llo solicitase expresamente.

Tes outras dúbidas? Cóntanolas

Dúbida

Nome e apelidos

Correo electrónico

Estudante / PAS / PDI

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00