Exerce os teus dereitos: Quéixate
Malia que o galego é a lingua propia da USC e a Universidade está comprometida en impulsar o seu uso en todos os ámbitos, o certo é que se producen situacións en que o galego non se utiliza, vulnerando as normas vixentes e, sobre todo, o compromiso da USC coa normalización lingüística. Saber destas situacións é importante para consolidar o uso do galego na nosa Universidade.
Por iso, se te atopas nalgunha das situacions descritas a seguir, pregámosche que nolo comuniques. Comprometémonos a facer chegarlle a túa queixa a quen lle corresponda, a atopar unha solución sempre que sexa posible e a manterte informado/a. Tamén nos comprometemos a respectar o anonimato da túa identidade.
1. Nun punto de atención ao público (departamento, servizo, secretaría...) non me atenderon en galego.
2. Non me forneceron o programa dunha materia ou un exame en galego.
3. Un documento ou unha comunicación da USC non está escrito en galego.
4. Hai carteis, rótulos ou publicidade da USC que non están escritos en galego.
5. Un web da USC carece de versión en galego ou esta non é a.versión por defecto.
6. A calidade lingüística dalgún documento de certa relevancia é deficiente.
7. A presenza dalgún estudante de fóra de Galicia fixo que o profesor ou profesora deixase de dar a clase en galego.
8. Algún ordenador da USC carece de versións existentes en galego de software ou aplicacións, ou de utilidades para mellorar a calidade do galego.
Se queres achegarnos calquera outra mensaxe de queixa ou facernos unha suxestión, velaquí tes estoutro formulario.
Ademais, podes presentar unha queixa diante do valedor da comunidade universitaria, o órgano designado polo Claustro para a defensa e garantía dos nosos dereitos.
|