Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de dinamización » Galeguización da docencia
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

A galeguización da docencia: cambiar para gañarmos todos e todas

Aquelas organizacións que desenvolven a súa actividade en máis dunha lingua deben establecer un modelo lingüístico que ordene as súas prácticas comunicativas. No caso da USC, este ten que integrar a existencia de dúas linguas oficiais co recoñecemento especial ("lingua propia") e coa obriga de promoción e desenvolvemento que os Estatutos establecen para o galego .

En relación coa actividade docente, a comunidade universitaria declarou a súa preferencia por un modelo lingüístico bilingüe con predominio do galego, moito máis equilibrado ca a situación que se pode constatar na realidade.

Ese modelo desexado foi asumido polos órganos de goberno da USC, que o integraron como obxectivo básico dentro do Plan estratéxico e aprobaron o Plan de normalización lingüística para intentar acadalo. As liñas mestras de ambos os documentos pretenden que o PDI incorpore o galego á súa actividade docente de forma voluntaria e progresiva, apoiándoo neste proceso con información, formación e incentivos.

Nesta mesma liña, queremos presentarlle unha serie de razóns que o animen a incorporarse a este proceso galeguizando a súa práctica docente, e a contribuír co seu exemplo a aceleralo. Ademais intentaremos aclararlle algunhas das dúbidas que se lle poderían presentan, e informalo dos servizos que a USC pon ao seu dispor -e tamén ao do alumnado- para facilitarlle a práctica docente en galego.

 

Clases en galego... e por que?

Pero... teño dereito? Estou obrigado?

E se o fago... recoñéceseme o esforzo?

E que axuda me ofrece a USC?

E que pasa co alumnado?

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00