|
|
Xornadas "Educación e linguas en Galicia"
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as III Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. O imaxinario social sobre o galego". Desenvolveranse os días 25 e 26 de novembro de 2011 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), cos seguintes obxectivos:
- Recoñecer a existencia de prexuízos lingüísticos na sociedade galega e no ensino e nos futuros ensinantes en particular.
- Axudar a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos aos futuros docentes.
- Aprender a identificar, previr e corrixir prexuízos lingüísticos dende unha óptica de igualdade das linguas.
- Coñecer experiencias positivas de traballo contra os prexuízos. lingüísticos tanto de Galicia como doutras comunidades.
O destinatario principal destas xornadas son o alumnado e o PDI das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación.
- III Xornadas "Educación e linguas en Galicia: O imaxinario social sobre o galego":
- II Xornadas "Educación e linguas: A planificación para a normalización lingüística"
- I Xornadas "Educación e linguas" (2009):
- Folleto co programa (pdf)
- Actas 2009
- Táboa redonda dos políticos
- Presentación de Lois Ferradás (mp3, 4 megas, 8:40 min)
- Intervención de Carme Adán, do BNG (mp3, 10 megas, 22:05 min)
- Intervención de Guillermo Meijón, do PSOE (mp3, 7 megas, 16:00 min)
- Intervención de Román Rodríguez, do PP (mp3, 6 megas, 13:86 min)
- Rolda entre políticos (mp3, 10 megas, 21:17 min)
- Rolda co público (mp3, 16 megas, 33:87 min)
|