Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Achegándonos ao medio rural
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

ETSE Open de SL /Fiadeiro de localización de software libre

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Superior de Enxeñaría comprácese en presentar o "III ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre", organizado conxuntamente coa Oficina de Software Libre e co Servizo de Normalización Lingüística, para a promoción da lingua galega ligada ao impulso na utilización do software libre na USC, cumprindo asemade varios obxectivos recollidos tanto no Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.

Os obxectivos do ETSE Open de SL son:

  • Fornecer formación técnica para a localización ao galego de software libre.
  • Contar con software que se use na USC en galego, mediante procesos de localización
  • Impulsar a comunidade universitaria de localización
  • Impulsar o uso do galego
  • Impulsar o coñecemento e o uso da software libre

Logo de 6 horas de formación, acometarase a tradución ao galego de varias pequenas aplicacións de software libre, baixo a supervisión do profesorado do Fiadero, por parellas, nunha xornada de traballo e lecer de 9 horas con música, xantar...

Ademais de diploma de asistencia (por 15 horas) e de constancia da experiencia de tradución, hai un premio á parella que máis cadeas traduza e con maior calidade.

O "III ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre" está aberto a toda a comunidade universitaria da USC: alumnado, PDI e PAS.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00