Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Dinamización » Premios "Comunicándomos"
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Concurso "Comunicándomos" de publicidade en galego

“Xa pasaron os días das mensaxes que dicían que o hemisferio esquerdo do cerebro daba as razóns do porqué; tan insignificantes, forzadas, aburridas e incribles que caen en oídos xordos. A xente creativa que pode chegar ao corazón, non soamente ao cerebro, e facer á xente chorar ou rir ou en silenzo dicir, ‘si, así é como realmente me sinto’, serán as superestrelas”.
Lou Centlivre, Foote, Cone & Belding

A publicidade é hoxe unha actividade de comunicación de carácter creativo. E como actividade comunicativa que é, un dos seus peares adoita ser a lingua, ata ser converter ás veces no eixe vertebral dunha proposta publicitaria.

As comisións de normalización lingüística das facultades de Administración e Dirección de Empresas (Lugo) e Ciencias da Comunicación cren que os membros da comunidade universitaria teñen moitas ideas que transmitir, moita creatividade que compartir. E tamén acreditan na validez da lingua galega –como a de todas as linguas- para a ilusión, para a ocorrencia, para o paradoxo, para a diversión, para a reflexión. Para o enxeño publicitario. Para vender un produto ou unha idea. Para a mercadotecnia, en fin.

Por iso, as comisións de normalización lingüística das facultades de Administración e Dirección de Empresas e de Ciencias da Comunicación convocan un concurso que pretende espertar a vea artística e a creatividade dos membros da comunidade universitaria nunha actividade, a creación publicitaria, en que deben deixar bulir as ideas, poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo da súa vida persoal, académica, profesional, e transmitilas en forma de mensaxe publicitaria. E que o poidan facer integrando o galego de xeito natural nunha estratexia publicitaria, demostrando o coñecemento que os universitarios e as universitarias posúen das potencialidades da lingua galega para chegar ao corazón.

cartel concurso publicidade

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00