Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Formación » Celga »
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Os Certificados de Lingua Galega (Celga)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia crea un novo sistema de acreditación de coñecementos de lingua galega, en vigor dende o mes de xullo de 2007. O antigo sistema oficial de cursos de lingua galega, (Iniciación e Perfeccionamento) é substituído por un novo modelo que implica unha serie de novidades:

Os novos Celga constan de 5 certificados distintos:

Establécese un novo sistema de validacións, máis racional.

Existen cursos de formación, pero a obtención do Celga correspondente só é posible mediante a superación dun exame independente do curso.

Polo tanto o sistema de avaliación é diferente.

O novo deseño gaña en dimensión internacional, dado que foi elaborado de acordo co Marco europeo común de referencia para as linguas [1,84 MB] e coas directrices de Alte (Asociación europea de avaliadores de linguas)

Podes obter moita máis información sobre os Celga no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

E se queres podes consultar a Orde do 16 de xullo de 2007 que os regula.

Tamén podes consultar máis información sobre as Probas Celga

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00