Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Formación » Curso de adaptación ao cambio normativo. Descrición »
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Curso de adaptación ao cambio normativo. Descrición

 

Os cursos de adaptación ao cambio normativo diríxense a todo o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela.

Como é sabido, o 12 de xullo do ano 2002 a Real Academia Galega aprobaba unhas normas ortográficas que introducían algúns cambios en relación ás anteriores, do ano 1982. O presente curso fai un repaso sobre os cambios máis salientables de xeito que a adaptación aos cambios resulte doada. Dado que a nova normativa abre en moitos casos opcións múltiples, o curso inclúe tamén consideracións sobre as pautas ortográficas adoptadas pola Universidade de Santiago de Compostela.

O curso ten unha duración de 10 horas e ao remate a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia outorgan un certificado de asistencia.

Organízase conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS

 

   
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00