Curso de ferramentas informáticas para a lingua galega. Descrición
O presente curso ten como destinatarios a todo o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela que empreguen o ordenador no seu traballo diario e desexen ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon ao dispor da lingua galega
O curso ten unha duración de 10 horas e ao remate a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia outorgan un certificado de asistencia.
Organízase conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS
|