Curso de linguaxe non discriminatoria. Descrición
Os cursos de linguaxe non discriminatoria diríxense a todo o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela.
O curso ten como obxectivo concienciar aos/ás participantes da necesidade de democratización da linguaxe formal; dar a coñecer as principais liñas para a modernización desta linguaxe e insistir no esforzo especial que cómpre facer para superar tanto o sexismo lingüístico como a discriminacion, dado que a linguaxe formal debe refelectir unha visión igualitaria da sociedade.
O curso ten unha duración de 4 horas repartidas en dúas sesións de dúas horas, e ao remate a Universidade de Santiago de Compostela outorga un certificado de asistencia.
Organízase conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS
|