Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Formación » Curso Redacción e deseño. Descrición »
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación. Descrición

Os cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación diríxense aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que desexen mellorar tanto os seus coñecementos lingüísticos como informáticos para a redacción de traballos de investigación e de curso.

Os destinatarios preferentes son aquelas persoas que estean realizando, ou vaian realizar, algúns dos seguintes traballos:

  • tese de doutoramento
  • traballo de fin de mestrado
  • memoria de licenciatura
  • traballo de fin de grao
  • proxecto de fin de carreira
  • traballo de investigación tutelado
  • traballos académicos

O custo dos cursos é de 30 €. Esta cantidade será reembolsada se o estudante realiza en lingua galega a súa tese de doutoramento, traballo de fin de mestado, memoria de licienciatura ou taballo de investigación tutelado e formaliza a solicitude de devolución.

A duración dos cursos é de 30 horas. 22 horas serán presenciais, e 8 de traballo individual.

Os cursos impártense en aulas de informática, a cada estudante correspóndelle un equipo

A Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia outrogan un certificado de asistencia.

Este curso ten recoñecido un crédito de libre configuración para os estudantes de calquera titulación.

Os cursos poderán ser anulados se non se acada un mínimo de dez estudantes matriculados.

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00