Curso de técnicas de redacción. Descrición
O presente curso ten como destinatarios a todo o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela que no seu labor teñan que enfrontarse á redacción de textos, tanto de carácter administrativo como doutra natureza.
O curso ten unha duración de 20 horas e ao remate a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia outorgan un certificado de asistencia.
Organízase conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS
|