Curso de reciclaxe de lingua galega. Descrición
Os cursos de reciclaxe de lingua galega diríxense a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela que realizara con anterioridade os cursos de Iniciación e Perfeccionamento e que desexe mellorar os seus coñecementos lingüísticos ou repasar aquelas cuestións que adoitan resultar máis problemáticas.
O curso ten unha duración de 30 horas e ao remate a Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia outorgan un certificado de asistencia.
Organízase conxuntamente co Programa de Formación e Innovación Docente
|