|
|
Bolsas de colaboración
Con data do 2 de novembro de 2010 convócase unha bolsa de colaboración para estudantes de 2º ciclo de Filoloxía Galega.
Na seguinte ligazón pódese consultar a Resolución Reitoral [24 KB] que as convoca.
ALGUNHAS INFORMACIÓNS IMPORTANTES
- O prazo de presentación de solicitudes vai do 8 ao 19 de novembro de 2010
- A bolsa terá unha duración inicial de un ano, dende o 1 de decembro de 2010 ata o 30 de novembro de 2011, poderá prorrogarse anualmente se o bolseiro segue reunindo as condicións esixidas na convocatoria.
- A bolsa esixirá 15 hoaras de dedicación semanal, das cales unha terceira parte poderá ser desenvolvida como teletraballo, co fin de compatibilizar os labores inherentes á bolsa cos estudos dos bolseiros.
- Os bolseiros deberán colaborar co Servizo de Normalización Lingüística na realización de tarefas de asesoramento lingüístico, formación, dinamización lingüística e terminoloxía.
- A gratificación económica será de 450 euros brutos ao mes, con 12 pagas ao ano.
01_Inicio
02_Admitidos
03_Méritos
04_Proba_escrita
05_Proba_oral
06_Final
|