|
O Voluntariado de Activación Lingüística é un programa que pretende pór en contacto a persoas que queren practicar o galego (activas) con persoas que as axudarán a facelo
( voluntarias).
O programa está deseñado para activar a solidariedade, o intercambio cultural e a promoción da cultura e lingua galega. Póñeno en marcha a Dirección Xeral de Xuventude e a Mesa Pola Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Santiago e a USC.
O VAL ( Voluntariado de Activación Lingüística) vai dirixido ás persoas e asociacións que queiran contribuír á valorización positiva da nosa cultura, aprender máis sobre Galiza e a nosa lingua e a todas aquelas que sintan a necesidade de aprender máis sobre outros países e culturas.
O único requisito para participaren é seren maiores de 18 anos e, no caso dos/as voluntarios/as, ter unha boa expresión en galego.
Para máis información: www.valingua.org
|