|
|
Un idioma preciso
Presentación
preciso -a. adx.
1. Exactamente determinado ou definido.
2. Dise do que non é equívoco nin vago.
3. Dise do que é necesario ou imprescindíbel.
A linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. Pero figurar nestes ámbitos tamén é "preciso" para o proceso de normalización do galego, para que os seus falantes poidan percibir que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados nesta lingua.
Desde esta sección intentaremos contribuír aos dous tipos de "precisión", ofrecendo para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. Isto plásmase en pequenos estudos nos que se analizan un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles.
A partir de aquí, o foro de discusión está aberto para recoller as vosas opinións e as discusións que a partir delas se xeren. Serán estes debates os que melloren a calidade do resultado final.
A precisión actual
154. Dúas miradas sobre un mesmo problema: liña de vida
Cando valoramos qué nome se lle debe dar en galego a un determinado concepto, cómpre atender a varios aspectos (se xa se usa algunha expresión para el ou para un moi próximo, en qué forma as distintas alternativas respectan as particularidades da lingua galega, os nomes usados nas linguas veciñas, etc.). Cando todos eles apuntan nunha mesma dirección é doado chegar a unha conclusión e formular unha recomendación explícita.
Pero moitas veces ocorre algo distinto: cada un deses aspectos leva a conclusións distintas, ou aínda opostas; e nesas circunstancias tomar unha decisión é moito máis difícil, como imos ver ao analizar o caso das liñas de vida.
(máis) |
Busca en todas
|