Inicio » Servizos » Servizo de Normalización Lingüística » Área de Terminoloxía » Vocabularios do SNL
Seccións
Presentación
O Servizo
Asesoramento
Formación
Dinamización
Terminoloxía
Documentación

Vocabularios e léxicos do SNL

Desde o ano 1993 o SNL vén participando na elaboración, coordinación e edición de repertorios terminográficos, ata o punto de converterse nun dos principais produtores deste tipo de materiais no ámbito galego.

O obxectivo deste labor é ofrecerlles aos distintos colectivos da comunidade universitaria materiais de apoio que faciliten a utilización do galego nas relacións de ensino-aprendizaxe, na difusión da investigación e nas actividades administrativas.

Os distintos volumes editados organízanse en tres coleccións:

  • Vocabularios
    Son traballos que abranguen grandes áreas de especialidade (normalmente o ámbito dunha titulación) e que compilan e presentan un número relativamente alto de conceptos (entre 4000 e 5000, normalmente)
  • Léxicos
    Son traballos que se centran en áreas de especialidade máis restrinxidas e que compilan un número de de conceptos menor ca os vocabularios (entre 1000 e 3000, normalmente).
  • Termos esenciais
    Son traballos pensados especificamente para o alumnado, tanto no seu deseño e formato como no seu contido: recollen terminoloxía básica de áreas de especialidade relevantes nos plans de estudo de diferentes titulacións.

Todos estes materiais difúndense a través de soportes diversos:

 

 

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00