|
|
Recoñecemento de estudos e homologacións
Tipos de recoñecemento de estudos
Adaptacións
Entendese por adaptación os seguintes actos:
- O acto polo que se lles recoñece eficacia académica ós estudios superados
consonte un plano de estudios en proceso de extinción, noutro de nova implantación
e que o substitúe.
- Tamén terá a consideración de adaptación o acto polo que se lles recoñece eficacia
académica ás materias que se impartan no mesmo grupo de docencia, ou que se consideren
unidas ós efectos de impartición no Plano Docente Anual tanto se corresponden á mesma
titulación ou a outra distinta.
- O acto polo que se lles recoñece eficacia académica ós estudios realizados consonte
un plano de estudios doutra universidade, nun plano de estudios da Universidade de
Santiago de Compostela, no suposto de que ámbolos dous planos conduzan á mesma titulación oficial.
Validacións
A validación é o acto polo que se lles recoñecen efectos académicos ós estudios
universitarios realizados consonte un plano de estudios, noutro plano de estudios
conducente a distinta titulación.
O recoñecemento de estudios realizados en universidades estranxeiras ou en institucións
análogas realizarase polo procedemento de validación.
Recoñecemento de competencias nas titulacións de Grao e Máster
Na Resolución Reitoral do 27 de outubro de 2008 regulase o procedemento para o recoñecemento de competencias
nas titulacións de Grao e Máster
• Ver resolución
Homologación de títulos de máster universitario
•
Procedemento de homologación de títulos de máster universitario [538 Kb]
Homologación de títulos de doutor
•
Procedemento de homologación de títulos de doutor [528 Kb]
Equivalencia de títulos estranxeiros
•
Procedemento de tramitación das peticións de admisión previa (equivalencias) [276 Kb]
Legalización de documentos estranxeiros
• Legalización de documentos estranxeiros
Outros recoñecementos
Por resolución reitoral, que marcará a data, efectos e os prezos esixibles no seu caso,
poderán imputarse nos expedientes dos alumnos as materias cursadas como alumnos visitantes,
as materias cursadas como de libre elección na titulación a que pertenezcan e outras
situacións semellantes.
• Normativa relacionada
• Impresos en liña
• Consulta de expediente académico persoal
• Formularios de queixas e suxestións
|
|