Seccións
Presentación
Calendario académico
Admisión e traslados
Admisión visitantes
Matrícula
Recoñecemento de estudos e homologacións
Máster oficial
Doutoramento
Posgrao propio
Títulos e certificados
Impresos en liña
Normativa
Ubicación
Persoal
Calidade
Usuarios autorizados

Certificacións e acreditacións Certificacións e acreditacións

Matrícula

Inicio de estudos
Continuación de estudos
Ampliación, modificación e anulación
Libre elección
Matrícula extraordinaria
Terceiro ciclo e posgrao
Lugares de matrícula
Prezos de matrícula
Prazos de matrícula
Seguro escolar
Formularios de queixas e suxestións

Libre elección

Son materias de libre elección as que o estudante selecciona segundo o seu propio criterio entre as materias, as actividades ou os seminarios ofertados pola Universidade, dentro e fóra da propia titulación.

A libre elección poderá realizarse:

  1. Materias optativas do propio plan de estudos cursadas a maiores dos créditos optativos mínimos esixidos.
  2. Materias específicas e doutros plans de estudo aprobadas polo Consello de Goberno (Libre elección).
  3. Recoñecemento de estudos de idiomas:

    O total de créditos recoñecidos no expediente dun alumno por estudos dun mesmo idioma entre os recollidos no Anexo non poderá superar o 50 % do total dos créditos que teña establecidos a súa titulación como créditos de libre configuración.

    Os alumnos que cursen materias dun determinado idioma como troncais, obrigatorias, optativas ou de libre configuración, non poderán imputar no seu expediente créditos de libre configuración por recoñecemento de estudos da mesma lingua entre os detallados aquí.

    De cursar as materias con posterioridade, quedarán sen efecto no expediente do alumno os recoñecementos efectuados, non dando lugar a devolución dos prezos aboados.

    Só se poderán recoñecer os estudos efectivamente cursados, non os estudos validados ou as probas e exames de recoñecemento de nivel

    I. ESTUDOS SUPERADOS NO CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM)

    A.- CURSOS ORDINARIOS DO CLM

    * Con carácter xeral recoñecerase 1 crédito por cada 15 horas. No caso de que o resultado e a transformación sexa un número de créditos non enteiro e distinto de enteiro máis 0,5, redondearase ao múltiplo de 0,5 máis próximo.

    * A salvo do disposto na norma 12 Os cursos recoñeceranse a partir do primeiro nivel para os idiomas distintos as linguas cursadas na ensinanza media.

    * Os niveis de idiomas dos cursos do CLM recoñecibles para alumnos que cursaran a mesma lingua na ensinanza media (como obrigatoria ou optativa), serán,

    Inglés Francés Alemán Outros

    B.- MÓDULOS DE AUTOAPRENDIZAXE

    * 1 Crédito por cada 15 horas ata un máximo de 5 créditos por cada un dos idiomas.

    * Serán aplicables as mesmas limitacións e requisitos que para os cursos ordinarios.

    II. ESTUDOS SUPERADOS NA ALIANZA FRANCESA

    * O recoñecemento nivel superior inclúe o de niveis inferiores, non son independentes, de forma que se se supera un nivel superior tendo recoñecido xa un inferior só se recoñecerán créditos pola diferenza.

    DIPLOMA NIVEL CRÉDITOS RECOÑECIDOS
    Diplôme Elémetaire de Langue Française (DELF) 1º grado (hasta el A4) 6
    2º grado (A5 y A6) 9
    Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF) Nivel B1 y B2 12
    Nivel B3 y B4 16

    III. ESTUDOS SUPERADOS NAS ESCOLAS OFICIALES DE IDIOMAS

    * O recoñecemento de cada nivel é independente do resto de forma que se poida recoñecer a un alumno máis dun nivel polo mesmo idioma.

    - Estudos a partir do RD 944/2003

    Nivel Básico 7.5 créditos para o segundo idioma cursado (1)
    Nivel Intermedio 7,5 Créditos
    Nivel Avanzado 9 Créditos
    (1) Se se cursa un só idioma, o nivel básico non será recoñecido.

    - Estudos do primeiro nivel das ensinanzas de idiomas estruturados segundo o R.D. 967/1988

    Ciclo Elemental 7,5 créditos
    Ciclo Superior (certificado de aptitude) 9 créditos

    IV. OUTROS ESTUDOS DE IDIOMAS

    * Tamén se recoñecerán os niveis B1 e B2 ou superior de linguas estranxeiras, acreditados cos diplomas e certificacións que se relacionan na Resolución Reitoral do 22 de xullo de 2009 (Ver Resolución).

  4. Cursos da Aula de Informática:

    Poderán recoñecerse cursos feitos na Aula de informática da Universidade como créditos de libre elección (20 horas lectivas equivalen a 1 crédito) sempre que no plan de estudos que estea a cursar o alumno non figuren os contidos do mesmo.

    Para máis información pode consultar a convocatoria de cursos.

  5. Prácticas en Empresas realizadas a través do Consello Social ou Feuga. Máximo de 17 créditos (500 horas). Máis información.

  6. Cursos realizados nos Conservatorios Oficiais de Música (Ver Resolución).

  7. Outras Actividades recoñecibles como creditos de libre elección (Consulta actividades recoñecibles)


Normativa recoñecemento actividades e estudos idiomas
Normativa relacionada
Impresos en liña
Consulta de expediente académico persoal
Novidades
Modificación da Orde que regula as probas de acceso ás ensinanzas oficiais de grao do sistema universitario de Galicia
Carta de Servizos dos Servizos Académicos da USC
Condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e procedementos de admisión ás universidades españolas (RD 1892/2008)
[Máis novidades]
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00